luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Ilustración.

Mirade que bonito cartel das Bibliotecas públicas de Galicia.


xoves, 26 de xaneiro de 2023

TERTULIAS LITERARIAS

Varios alumnos/as do noso IES acudiron ás tertulias literarias celebradas no Liceo en Ourense.

Nesta ocasión o alumnado participante estivo acompañado da profesora de lengua española, Julia.

A lectura escollida para esta ocasión foi Golpes de luz de Ledicia Costas.

O alumnado tivo a oportunidade de compartir este intercambio literario con outros centros e de coñecer á escritora.

A biblioteca xa ten un exemplar adicado pola autora.

Grazas!!







luns, 23 de xaneiro de 2023

LECTORES CÓDIGOS DE BARRAS

LECTORES CÓDIGOS DE BARRAS

Xa temos instalados en todos os equipos de xestión de biblioteca os lectores de códigos de barras, que a partir de agora, co novo programa KOHA, facilitarán e axilizarán os préstamos e devolucións de libros e material diverso na biblioteca.

Continuamos avanzando!






domingo, 22 de xaneiro de 2023

VISIBILÍZAMOS O DÍA DA PAZ

Un curso máis xa temos visibilizado o Día da Paz na entrada do IES, no corredor e espazo da Biblioteca.










sábado, 21 de xaneiro de 2023

2º CLUB DE LECTURA 1º ESO

Xa temos posto en marcha o 2º Club de lectura de 1º ESO.

A lectura escollida foi Vampira de biblioteca, da escritora Ledicia Costas.

Esperamos disfrutar moito desta lectura tan entretenida!





SEGUNDO CLUB DE LECTURA 2º ESO

O alumnado de 2º ESO tivo un novo encontro onde presentamos a segunda lectura desde curso.

O escritor escollido é  Carlos Vila Sexto co seu libro Morir no es nada del otro mundo.

Seguro que disfrutaremos moito con esta lectura tan estupenda!!





SEÑALIZACIÓN ESPAZOS IES

O Dpto. de Orientación, dentro das actuacións do CP Inclúe-T, fixo un traballo visual espectacular para señalizar todos os espazos do noso centro.

Para iso deseñou unha cartelería que despois de imprimir, plastificou e colocou por todo o instituto.

Deixamos aquí algún exemplo. Noraboa polo voso traballo.









DÍA DA PAZ 

O vindeiro 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.

Temos unha exposición de traballos xunto coa árbore da Paz, no vestíbulo de entrada a cafetería.

O alumnado de 3º ESO e 4º ESO colaborou na execución das pombas coa técnica de papiroflexia, para colgalas na bonita árbore que fixemos coa cor corporativa da biblioteca.

Preparamos unha exposición de libros sobre a temática a celebrar e unhas lecturas abertas na Biblioteca.










mércores, 18 de xaneiro de 2023

OBRADOIRO DE POMBAS

O alumnado de 3º ESO B fixo un obradoiro na Biblioteca do IES, para facer as pombas que colgaremos nuns días na árbore da Paz.

Moitas GRAZAS, polo voso traballo.