venres, 31 de marzo de 2023

XUNTANZA DO CLUB DE 1º ESO

A punto de empezar as vacacións de Semana Santa, o club de lectura de 2º ESO tivemos unha xuntanza para falar da lectura que temos entre mans e poder rematala durante o periodo vacacional.

Lara, Gabriela e Candela xa están preparadas para a seguinte!




xoves, 30 de marzo de 2023

TERCER CLUB DE LECTURA 2º ESO

Xusto antes das vacacións presentamos a terceira lectura do Club de lectura de 2º ESO.

Aproveitaremos as vacacións para disfrutar desta lectura que foi unha proposta do grupo.

A lectura escollida é La noche más oscura, de Ana Alcolea.




 

luns, 27 de marzo de 2023

SEGUNDO CLUB DE LECTURA 1ºBAC- 4º ESO

Aproveitando que as vacacións de Semana Santa están moi cerca, presentamos a segunda lectura do club do alumnado de 4º ESO e 1º BAC.

Esta vez a lectura escollida é unha proposta do grupo. E por primeira vez poñemos unha triloxia, comenzando co primeiro para despois ter un exemplar na biblioteca do resto da triloxía e completar quen queira a sua lectura.

A lectura é Los seis de atlas, de Olivie Blake. Disfrutádea moito!






domingo, 26 de marzo de 2023

AVANZAMOS CO FANZINE

Xa temos case listo o fanzine que levamos traballando neste curso, como unha actividade no Dpto. de Debuxo.

Antes das vacacións de Semana Santa ultimamos detalles para deixar todo preparado e á volta, aproveitando abril mes dos libros, poñelo á venta e facer a súa presentación oficial.

En nada a disfrutalo, xa falta moi pouco. Estupendo traballo!






sábado, 25 de marzo de 2023

SEGUNDO CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

Xa temos listo o segundo club de lectura deste curso.

Aproveitando que temos moi cerca o período vacacional da Semana Santa presentámola.

Esta lectura é moi especial porque temos asegurado un encontro co autor ao longo do mes de abril.

A lectura escollida é A inmoral Doctora Cons de Roberto Fernández Álvarez.

Escritor premiado recientemente co LXI Premio Blanco- Amor de novela 2022.

Agora a disfrutala moito!






martes, 21 de marzo de 2023

POEMAS COLABORATIVOS 2

O alumnado participou tamén nesta divertida actividade desde o grupo de wasap de ENLD, para celebrar o Día da Poesía.

Con estos resultados...





POEMAS COLABORATIVOS 1

Para celebrar o día de poesía fixemos unha actividade moi divertida usando o grupo de wasap do noso club de lectura Arroz con Cháchara.

Ás 21:00 horas en punto, cada compoñente do grupo enviou un verso que despois rematou cun poema.






luns, 20 de marzo de 2023

EXPOSICIÓN DÍA DA POESÍA

O alumnado do IES na materia de Galego prepararou esta actividade para conmemorar o Día da Poesía. Xogaron a crear e compoñer poesía de forma colaborativa.

Aquí vos deixamos algunha fotografía.

Preciosos traballos!
















mércores, 15 de marzo de 2023

TRABALLAMOS NA BIBLIOTECA

O alumnado fai un bo uso dos novos ordenadores portátiles mercados para este espazo, neste curso lectivo e da fotocopiadora-impresora.

Sen dúbida unha gran oportunidade para toda a a comunidade educativa.


VISIBILIZAMOS O DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía con varias actividades no IES.







TERCERA LECTURA NO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

Seguimos imparables lendo no club de lectura de 1º ESO.

Aquí presentamos a terceira lectura deste curso... desexando comenzar a disfrutar dela, con todo o interesante que nos pode ofrecer esta nova lectura.

O libro escollido é La que vino de donde no se vuelve, de Joan Manuel Gilbert.




xoves, 9 de marzo de 2023

EXPOSICIÓN MULLER NO CINE

Este curso visibilizamos o día da muller traballadora cunha exposición adicada a muller no cine.

Na entrada á cafetería temos instalada a exposición. 







mércores, 8 de marzo de 2023

VISIBILIZAMOS O 8 DE MARZO

Celebramos a data 8 de marzo, o Día da Muller traballadora no noso IES.