domingo, 27 de outubro de 2024

HALLOWEEN SWEETS CONTEST

O vindeiro martes 29 de Outubro, as compañeiras do Dpto de Inglés organizan unha degustación de postres terroríficos co alumnado da ESO.

Seguro que sorprenderán con creacións moi moi terroríficas!!!

Disfrutade moito!!

xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de Outubro, celebramos o Día das Bibliotecas , de todas as bibliotecas. E por enriba de todas, a nosa especial e maravillosa Biblioteca do noso IES Lagoa de Antela.




mércores, 23 de outubro de 2024

CHEGA A "SPOOKY LITERARY STATION"

Chega por fin este estupendo traballo feito polos alumnos/as participantes no Club de lectura en inglés, dirixido pola profesora Ana Iria.

Este traballo tan espectacular está exposto no vestíbulo da cafeteria.

Noraboa a todo o alumnado participante a súa profesora!!











martes, 22 de outubro de 2024

EXPOSICIÓN SELECCIÓN LECTURAS EN GALEGO

A nosa compañeira Rosa Alonso, profesora do Dpto de Galego, preparou unha selección de lecturas en galego de diferentes temáticas, para conmemorar o Dia das Bibliotecas.

Pasade pola Biblioteca cando queirades, e xa sabedes que as podedes levar, sempre formalizando primeiro o préstamo.















 CLUB DE LECTURA EN INGLÉS

    O Club de Lectura en Lingua Inglesa do IES Lagoa de Antela,Books and Spooks, comezou xa a súa andaina por segundo ano consecutivo, pero contando desta volta cun maior número de integrantes, xa que 22 foron os valentes estudantes de 3º de ESO que se animaron a sumerxirse nas lecturas propostas pola súa profesora. E non dicimos “valentes” porque o Inglés supoña un obstáculo para elas e eles, senón porque a temática dos textos cos que van a traballar está relacionada cos xéneros de misterio e terror.
 
    Así, este primeiro trimestre achegaranse á figura de Edgar Allan Poe, explorando a vida deste autor norteamericano así como algunhas das obras que o converteron en todo un referente literario e unha icona da cultura popular, máis concretamente o poema “Annabel Lee” e dous relatos curtos adaptados.
 
    Estade atentos, porque estas rapazas e rapaces xa están a traballar nunha “spooky literary station” para dar a coñecer ao resto do centro a importancia crucial deste autor e así animar a outras compañeiras e compañeiros a que este Samaín se adentren no macabro mundo imaxinario deste incomprendido xenio da literatura universal.








domingo, 20 de outubro de 2024

CONCURSOS SAMAÍN 2024

Xa temos aquí as convocatorias de varios concursos relacionados co Samaín, da man do Dpto de Galego e EDLG.

Modalidade de MICROTEATRO de SAMAÍN e RELATO de SAMAÍN.

Tamén estamos a preparar o Concurso das Calabazas tuneadas desde o Dpto de EPV.

Tendes as bases nos corchos da Biblioteca e Normalización.

Animádevos a participar!



venres, 18 de outubro de 2024

CHEGA O SAMAÍN!!

Todo listo para visibilizar o Samaín no IES coa axuda do noso alumnado colaborador!



xoves, 3 de outubro de 2024

VISITA A NOSA CHARCA

Hoxe tivemos visita do IES do Barral (Ponteareas).
@luso_barral

35 rapazas e rapaces de 3º ESO e o profesorado achegáronse ata Xinzo xa que queren recuperar unha charca no seu centro, e para iso quixeron visitar o noso pequeno humidal, construído o ano pasado por alumnado de 1ºESO no proxecto Refuxios.

O alumnado foi recibido por 4 alumnos e alumnas de 2ºESO que impartiron unha charla con todos os detalles do proxecto, desenvolvido por eles mesmos o curso anterior.

O alumnado do Lagoa expuxo o proceso de deseño e construción e as especies identificadas ata o de agora.

A seguir todo o grupo se desprazou á propia charca para facer unha mostraxe onde recollemos e identificamos a flora e fauna acuática.

Logo desta visita tamén puideron visitar a exposición Mar de Antela e descubrir todo o proceso de deseño e construción da mesma.

Unha vez rematada a visita, o alumnado pasou a visitar o IES Cidade de Antioquía onde tamén visitaron a súa charca.

Moitas grazas pola visita! Agardamos novas do voso proxecto.