mércores, 30 de novembro de 2022

KOHA e ELBE

Neste primeiro trimestre estamos con moitos cambios na Biblioteca.

Agora tocou mudar a un novo sistema de xestión de Bibliotecas que se chama KOHA.

O equipo de biblioteca levamos semanas recibindo formación no manexo do  novo programa. O pasado 16 de novembro migramos do Programa Meiga a KOHA.

Todo foi ben e xa estamos "Kojeando" nesta nova aventura.

Tamén actualizamos todas as contrasinais de ELBE, que a partir de agora está estreitamente ligado a KOHA, para que toda a comunidade educativa poida disfrutar de lecturas dixitais desde calquera dispositivo.




ENTREGA PREMIOS CONCURSO CONTOS DE MEDO

Na biblioteca fixemos entrega dos premios do Concurso dos contos de medo, da convocatoria feita polo Dpto. de Galego e de ENLD do noso IES.

Os premiados foron os seguintes alumnos/as:

1º PREMIO: Noa Rodríguez Enríquez, 2º ESO C

1º PREMIO: Rodrigo Díaz Enríquez, 1º BAC B

ACCESIT: 

Saúl Nogueiras Feijoo, 2º ESO B

Andrea Coello Abreu, 2º ESO C

Hugo camino García, 2º ESO C

Lucía García Feijóo, 1º ESO C








ENTREGA PREMIOS CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS

Na biblioteca fixemos entrega dos premios ao alumnado gañador do Concurso de calabazas tuteadas.

1º PREMIO: Alejandro Fernández Rodríguez, 3º ESO C

2º PREMIO: Pablo Torres Pérez, 3º ESO A

3º PREMIO: Antía Lama Barja, 3º ESO B

Noraboa polos vosos premios, e por facer uns traballos tan espectaculares!





sábado, 26 de novembro de 2022

25 N CO ALUMNADO

O alumnado do IES participaron visibilizando esta data levando lazos morados e chapas que fixemos coa axuda de varios alumnos.

Ademais gardamos un minuto de silencio polas vítimas desta lacra, que a diario vemos en todos os informativos.

Co desexo de que paren e non teñamos que lamentar ningunha vítima máis.






domingo, 20 de novembro de 2022

CHARLA DAS FORZAS ARMADAS

Como todos os anos o alumnado de 4º ESO recibiron unha charla das forzas armadas, para explicarlles as diferentes saídas profesionais no exercito.

Actividade programada desde o Departamento de Orientación.






venres, 18 de novembro de 2022

MEDITACIÓN NA ESO

Os grupos de 1º ESO, dirixidos polo profesor de EPV, Horacio, e a nosa orientadora, Mercedes, fixeron unha actividade conxunta para que o alumnado aprendese a meditar e a relaxarse, pensando nun traballo sobre os animais.

Despois de aprender varias técnicas, cada alumno/a pasou a explicar as sensacións que tivo e o animal en que pensaron.

Para máis adiante, nas clases de EPV, poñelo en práctica debuxando cada un o animal escollido.

Unha experiencia enriquecedora e moi orixinal.






xoves, 17 de novembro de 2022

NOVO ESPAZO PARA OS CLUBS DE LECTURA

Coa dotación do Plan LIA 3, mercamos estas gradas para facer un novo recuncho de lectura ao final do corredor da biblioteca.

En nada remataremos a decoración deste novo espazo para as nosas xuntanzas dos clubs.




mércores, 16 de novembro de 2022

INTRES NA BIBLIOTECA

Sempre é un bo momento para vir á biblioteca e poder ir a calquera dos recunchos que temos preparados para todos vós. 


martes, 15 de novembro de 2022

REUNIÓNS CLUB DE LECTURA 2º ESO

Cada 15 días os diferentes clubs de lectura, temos unha reunión para falar da lectura que nese intre estabamos a ler.

Nesas reunións na biblioteca, falamos dos personaxes, da trama e entre todos e todas imos descubrindo o gusto pola lectura.

Aquí vos deixamos algúns deles. 




luns, 14 de novembro de 2022

CLUB DE LECTURA EN  4º ESO E 1º BAC 

Aqui vos deixamos a presentación do Club de lectura deste grupo de alumnos.

A lectura escollida é As de picas de Farida Àbiké- Íyímídé.

Esperamos grandes momentos compartidos de lectura este curso.





REUNIÓN FANZINE 

Estreamos un espazo multiusos de nova creación no IES cos fondos do Plan LIA 3.

O alumnado participante no fanzine traslada as súas reunións a este espazo, onde podemos traballar e falar sen molestar.

Estamos encantados de disfrutar deste bonito lugar!







domingo, 13 de novembro de 2022

25 N NA BIBLIOTECA 

Preparando a cartelería na biblioteca, coa protagonista deste curso, Luka.

Visibilizando esta data no espazo da Biblioteca.






VISIBILIZAMOS O 25 NO IES

Un curso máis visibilizamos, máis que nunca a data do 25 N, onde todos xuntos traballamos contra a violencia de xénero.

Nesta ocasión Luka volve a ser a imaxe da nosa cartelería, que imos por en todo o centro.





sábado, 12 de novembro de 2022

EXPOSICIÓN "AVES DO NOSO ENTORNO"

O alumnado de 1º ESO, xunto coa súa profesora de bioloxía Lucía, realizaron esta interesante exposición con traballos relacionados co entorno no que habitamos.

Está exposta no vestíbulo de entrada á cafetería. 

Durante dúas semanas as alumnas e alumnos fotografiaron as aves que viron no seu entorno próximo. Logo na aula identificaron as especies con axuda de varias guías.

Para cada fotografía fixeron unha pequena ficha co nome común, o nome científico e o lugar onde foron tomadas.

Logo entre varios grupos (xa que se xuntaron as fotos de todo o alumnado de 1º) organizárona por especies. Organizándoas posteriormente nun pequeno mural para cada unha.

Algunhas como as cegoñas tiñan varias fotografías de diferentes alumnos outras como a garza tiñan só unha.

Tamén se realizou unha busca en internet recollendo datos interesantes do grupo das aves para acompañar ao mural de fotografías.

En total identificaron 19 especies de aves, a maioría delas podemos velas preto da nosa casa nesta época do ano.

Unha pequena mostra da biodiversidade que nos acompaña e na que quizais non reparamos.









venres, 11 de novembro de 2022

TRABALLANDO NA BIBLIOTECA

Unha das cousas boas da nosa biblioteca é que ten un dos espazos máis grandes do IES.

Moitos profesores veñen a diario co seu alumnado para impartir as súas clases.

Aquí vos deixamos a nosa compañeira Irene, profe de inglés, cun grupo de 2º ESO.

Seguro que pasaron un anaco divertido e instrutivo na Biblioteca do IES Lagoa de Antela.