domingo, 16 de maio de 2021

MURAL LETRAS GALEGAS XELA ARIAS 2021

O alumnado do 2º ciclo da ESO, confeccionou un mural, coa axuda da súa profesora de Lingua Galega, Belén Mellado. 

A composición feita, encóntrase exposta no holl da cafeteria, no espazo que este ano temos para as diferentes exposicións, que vimos facendo ao longo do curso.

Noraboa polo gran traballo!







O 3º CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO EN MARCHA

O pasado venres oficializamos a nosa terceira lectura, do Club de lectura do profesorado.

Estamos seguros que esta lectura, fará que a recta final do curso sexa mais levadeira.



De feito, o profesorado xa aproveita esta ponte das Letras Galegas, para disfrutala!! 



TERCERA LECTURA DO CLUB DE PROFES 

Decidimos facer unha última lectura no Club do profesorado para este avanzado xa 3º trimestre.

A lectura escollida é unha lectura fresca, rápida, agradable e que garantiza un bo rato de lectura.

"La mujer de la libreta roja" de Antoine Laurain, foi galardonada hai uns anos co Premio dos libreros franceses. A historia transcurre en París.

Esperamos que disfrutedes dela , así que boas lecturas compôs!!




SAÍMOS NO XORNAL ESCOLAR

O noso IES sae no Xornal Escolar do periódico La Región, co motivo de todas as actividades que fixemos durante Abril, Mes dos libros.

"Premios para la creatividad lectora", Concurso marcapáxinas, Concurso cartel dos Libros e Concurso fotográfico.

martes, 11 de maio de 2021

HORA DE LER

Esta semana continuamos co horario de Hora de ler. Aquí vos deixamos algunhas fotos, das sesións en dous grupos de 3º ESO, con Ana Escudero Responsable da Biblioteca.

Falamos de libros, entramos no blog da biblioteca, o alumnado presentou as súas lecturas.

Lemos en varios formatos, en papel, en libro electrónico, desde o Proyecto ELBE, desde os seus móbil, desde as tablets...

Como sempre un rato estupendo para falar de lectura e descubrir moitos libros interesantes que mercar para a nosa biblioteca!!

Grazas polas vosas suxerencias!





MASTER CLASS CON PAULA CARBALLEIRA

O alumnado gañador do Concurso de contacontos, tivo a sorte de poder asistir a unha master class a cargo da escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira.

Un rato estupendo ao sol, e mantendo todas as normas de seguridade, por suposto!!







GAÑADORES CONCURSO CONTACONTOS

A primeira edición do Concurso de Contacontos, convocado polo Departamento de Galego e a Biblioteca, resultou un éxito.

Aqui vos deixamos as fotos da pasada xornada, no que Belén Mellado, a profe de Galego e organizadora do Concurso, Belén Castro, a vicedirectora e Ana Escudero, profe de Debuxo e responsable da Biblioteca, fixeron a entrega dos diplomas aos gañadores.

Noraboa a todos/as pola vosa participación, polas vosas gañas que demostrar unha vez mais o ben que sabedes ... contar contos e historias!!

PREMIADOS INDIVIDUAIS:

1º Premio: Noa Díaz Fernández 2º ESO C

2º Premio: Julio Fariñas Rodríguez 2º ESO D

3º Premio: Arturo Prada Gómez 2º ESO D

PREMIADOS POR PARELLAS:

1º Premio: Lucas Carnero Valencia e Hugo Dameá Portela 2º ESO C

2º Premio: Marco Vázquez Rodríguez e Lara Sotelo Nogueiras 2º ESO C

3º Premio: Carla Rodríguez Añel e Carla Rodríguez Castro 2º ESO C









 

CONTINUA O CONCURSO DE CONTACONTOS

Outra xornada de Contacontos na Biblioteca... o concurso cada vez mais interesante!!

Estamos a gozar dun montón de contos de moito nivel. Difícil saber quen gañará!!





domingo, 2 de maio de 2021

DE AGASALLO...UN LIBRO

Aproveitando libros que chegan en forma de doazón por parte da Deputación de Ourense e os diferentes expurgos feitos cada curso na nosa biblioteca, fixemos un "mercadillo" de libros.  

O temos instalado dentro do espazo da cafeteria, nun lugar accesible para a toda a Comunidade educativa.

Así que aproveitade a oportunidade e xa sabedes, de agasallo un libro!!








CONCURSO CONTACONTOS

Durante tres xornadas nos recreos, celebraremos na Biblioteca o concurso de Contacontos, co alumnado do 1º ciclo da ESO.

Aquí vos deixamos as primeiras fotos do alumnado participante, e do atento xurado formado por profesores, alumnado e persoal non docente.







MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS

Comeza un mes cheo de actividades relacionadas coas LETRAS GALEGAS. 

A comunidade educativa xunto coa colaboración de varios departamentos e a Biblioteca, ten organizadas varias actividades que vos presentamos, nesta entrada do blog da Biblioteca.

Tamén aproveitamos para presentar un dos carteis oficias do noso centro das Letras Galegas, este ano adicado á escritora XELA ARIAS.

Presentamos as seguintes atividades:

- Concurso Contacontos

- Exposición de libros adicados por escritores/as galegos

1º ESO:

- " Eu son Xela Arias"- A rebeldía da palabra

- Selección e transformación de versos en galego e portugués da autora, acompañados de fotografías do alumnado

3º ESO e 4º ESO:

Estampación de camisetas con versos da autora e ilustración feitas polo alumnado, na materia de EPV.



XELA ARIAS

Xela Arias é a escritora homenaxeada este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021.

Aquí vos deixamos o cartel editado pola Real Academia Galega.