O vindeiro xoves 24 de Outubro conmemórase "O Día das Bibliotecas".
Como agasallo aquí tendes un conto da escritora británica Mónica Hughes que, con seguridade, gustará a moitos de vós.
Acompañamos o conto de varias ilustracións feitas por alumnos e alumnas do centro.
Desde aquí moitas grazas a Kelly Domínguez, a Adolfo Dacal de 1º Bac B e a Zaida Casas de 3º ESO A, que cos seus debuxos representan este precioso conto.
Gozade dun día moi especial e felicidades desde a BIBLIOTECA do IES Lagoa de Antela!!!
O CLARO DO BOSQUE
Erase unha vez un
grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido
como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons
aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio
dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse
calor e protección e así permaneceron ata o amencer.
Cando saíu o sol, os
nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos
carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os
carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao
final, soamente podían imaxinalo.
¾Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un
dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e
gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e
naquel lugar correu grandes aventuras.
—Este carreiro parece interesante —dixo unha
nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra
dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se
facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
—Eu quero atopar unha espada máxica coa que
vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un
neno.
—Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro,
pensando dar batalla ao malvado xigante.
—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos
os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus
nenos.
—E eu necesito saber como funciona o mundo.
Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero
sabelo todo.
Pronto se foran todos
os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos
diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope
o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre
a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se
chama.
E o claro do bosque
contestoulle: —O meu nome é Biblioteca.
Mónica
Hughes