O alumnado da ESO, celebra un ano mais, a chegada do Entroido, coa exposición de Máscaras, xa tradicional no noso centro.
domingo, 24 de abril de 2016
ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA DE 1º BAC NA BIBLIOTECA
O alumnado de 1º BAC, na biblioteca, coa profesora Carmen Gómez, nunha sesión do club de lectura de aula.
EXPOSICIÓN ALUMNADO GREGO SOBRE LESBOS
O alumnado de Grego, fixo unha exposición, en relación coa visita do fotógrafo Gabriel Tizón, sobre a illa de Lesbos e Grecia, dentro do marco das actividades que estamos a ter co respecto o Diá da Paz.
CHARLA GABRIEL TIZÓN
O fotógrafo Gabriel Tizón, estivo no noso centro para contarnos a súa experiencia na illa de Lesbos, coa situación que estan a vivir, os refuxiados.
O alumnado do IES Cidade de Antioquia e do IES lagoa de Antela, xuntarónse no noso salón de actos, e non perderon detalle do documental e do coloquio no que participaron.
DÍA DA PAZ
Celebramos o Día da Paz na biblioteca con varias actividades:
- Contamos coa exposición de traballos feitos polos alumn@s de 1º ESO, na materia de EPV.
- Charla- coloquio co fotógrafo Gabriel Tizón, que falará sobre a situación dos refuxiados na illa de Lesbos.
TRABALLOS DÍA DA PAZ
Aqui tendes unha selección dos traballos que temos expostos na biblioteca, feitos polos alumno@s de 1º ESO.
OS ALUMNOS-AS DE 1º ESO NA BIBLIOTECA
Como todos os anos, os alumn@s de 1º ESO, fixeron unha visita á biblioteca, donde recibiron o carnet da biblioteca e o tríptico coas explicacións das normas da súa biblioteca.
luns, 15 de febreiro de 2016
LECTURAS CLUB DE LECTURA PROFES Curso 2015 - 16
O primeiro Club de lectura de profes deste ano ten as seguintes lecturas...
" El cielo es azul, la tierra es blanca" de Hiromi Kawakami
"Intruccións para tomar café" de Manuel Nuñez Singala
A primeira xuntaza será despois das vacacións de Nadal.
GAÑADORES CONCURSO POSTAL NADAL 2015
Aqui están os gañador@s do Concurso Postal Nadal 2015. Recolleron os seus diplomas e premios na biblioteca.
Moitas Felicidades!!
POSTAIS GAÑADORAS 2015
Aquí están as postais gañadoras do 1º ESO e 3º ESO deste curso 2015-16.
Os traballos son estupendos e de gran calidade.
Enhoraboa a tod@s!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)