TRABALLANDO A PAPIROFLEXIA
Esta pasada semana, traballamos asi de ben co alumnado de 1º ESO, a papiroflexia na materia de EPV, na biblioteca.
ALUMNADO DE 1º ESO NA BIBLIOTECA
A pasada semana fixemos entrega dos carnet da biblioteca, a todo o alumnado de 1º ESO, ademais dun tríptico informativo e a posibilidade de traballar a papiroflexia.
Desde a Biblioteca, damos as grazas ao profesor de debuxo Horacio, que fixo posible a entrega dos carnets, traballando conxuntamente coa Biblioteca, nas horas de Plástica.
PAPIROFLEXIA NOS RECREOS
Aproveitando o taller que fixemos co alumnado de 1º ESO, nos recreos ultimamente, a Biblioteca está chea de alumnado, que tamén quere participar!!
O profesor de Debuxo, Horacio, explica ao alumnado como deben facer as diferentes pezas.
Grazas a todos-as pola vosa colaboración...!! Temos que chegar a 600 pezas, para poder facer moitas bolas!!
Moito ánimo, porque gañas non vos faltan!! :)
PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA
O departamento de EPV e a Biblioteca, organizou un taller de papiroflexia. Desta maneira, acercarmos ao novo alumnado de 1º ESO á Biblioteca, para explicarlles o seu funcionamento, á vez que fixemos un taller de papiroflexia, preparando o Nadal e deseñando bolas para decorar o espazo da Biblioteca.
Traballamos un montón!!
MENÚ DEGUSTACION COCIÑA
O pasado mércores 17 de Novembro, os profesores de FP básica de Cociña, Iván e Teresa, fixeron un menú degustación de alto nivel.
O alumnado de cociña demostrou, o que son capaces de facer, con tan só 8 semanas de clases.
Impresionante a presentación e o rico que estaba todo!!
Noraboa!!