domingo, 25 de abril de 2021

A NOSA RECOMENDACIÓN DE LECTURA ABRIL MES DOS LIBROS 2021

A vosa Biblioteca vos recomenda esta lectura " El infinito en el junco" de Irene Vallejo.  Ademais esta lectura a temos todos/as no Proxecto ELBE.

A escritora clausuró as Xornadas PLAMBE fai dúas semanas.

Escoitala foi unha ledicia, deixamos aquí algunhas das suas reflexións: 

"Los libros son albergues de la memoria"

"Confiar en el poder de las palabras y de los libros"

"El que lee conoce momentos de felicidad con los libros"

"Los libros transforman la realidad y son trabajo para el futuro"

"Los libros son música de las palabras y de la lectura"

"Cuidar al que lee"

"No debemos olvidar a los que nos preceden, porque los libros son el deposito del pasado"

"Con libros no seremos el olvido del mañana"

Disfrutade da lectura!!



A HISTORIA DO NOSO ENTROIDO

O Dpto de Galego co alumnado do 1º ciclo da ESO, fixo un percorrido no tempo sobre a historia do Entroido mais popular de Galicia.

Fotografías actuais e antigas, coas que fixeron un mosaico, no que podemos ver o paso do tempo e comprobar que as mesmas costumes continuan presentes.

Ademais as ilustracións de Iria Prol Cid, antiga alumna do IES, rematan esta exposición tan nosa, tan das xentes de Xinzo e dos amantes do Entroido e as pantallas de Xinzo. 






A POESÍA NO DPTO DE INGLÉS

O alumnado de 2º da ESO, na materia de Inglés, coa axuda da sua profesora Ana Iria, realizou un traballo plástico visual sobre a poesía na lingua inglesa.

Un traballo estupendo, que aqui vos presentamos para que podais ver os magníficos resultados.

Noraboa polo traballo ben feito!!







DIA DA MULLER NO DPTO DE INGLÉS

A profesora Ana Iria do Dpto de Inglés do noso IES, fixo este estupendo traballo co seu alumnado de 2º da ESO.

Aqui vos deixamos unhas fotos desta actividade tan laboriosa e ben executada visualmente!

Que bo traballo!! Noraboa!!




A NOSA BIBLIOTECA

Este curso complicado e difícil, fixo que o espazo da Biblioteca durante o primeiro trimestre estivera mais valeiro do normal.

Mais a medida que avanzamos no curso, e seguindo sempre as normas, parece que a Biblioteca volve a ter vida, e a afluencia do alumnado no segundo trimestre e o que vai do terceiro, fai que pareza que a nova normalidade está cada vez mais cerca.

Aquí vos deixamos fotos deses intres tan especiais no espazo da nosa querida Biblioteca do IES Lagoa de Antela, o aluando traballando, lendo...







VISIBILIZAMOS O MES DOS LIBROS 

Como sempre na entrada ao IES, visibilizamos as datas mais representativas do ano.

Neste momento temos decorado o holl da entrada co tema de Abril mes dos libros!!






ENTREGA PREMIOS

GRAZAS ao todo o profesorado que estivo presente na entrega de premios e facilitou rematar os actos do Abril mes dos libros.

Grazas a Horacio o meu compañeiro do Dpto de Debuxo, a Belén Castro a vicedirectora do IES e a Ana Martinez a Xefa de estudios.

DESEÑAMOS DIPLOMAS PARA OS GAÑADORES DOS CONCURSOS

Mirade que chulos os diplomas entregados aos gañadores do concurso fotográfico!!






ENTREGA PREMIOS CONCURSO FOTOGRÁFICO 2021

O vendes 23 de abril " Día dos libros", aproveitamos para a entrega de premios ao alumnado gañador do Concurso fotográfico, convocado pola Biblioteca e o Dpto de Debuxo.

Aqui vos deixamos as fotos da entrega de premios aos gañadores, uns pedazo de artistas!!

Marco, Uxía, Alba e Sara...Noraboa a todos/as!!










YERAI MOURE GAÑADOR DO CONCURSO MARCAPÁXINAS 2021

O alumno Yerai Moure Lama de 3º C, foi o gañador do Concurso de Marcapáxinas deste ano.

Fixemos a entrega do seu premio o pasado venres , 23 de abril "Día do libro".

Noraboa polo teu magnífico traballo!!







ALBA GARRIDO GAÑADORA CARTEL ABRIL MES DOS LIBROS

Alba Garrido Lamas de 4º A, foi a gañadora do cartel que este ano visibiliza Abril mes dos libros.

Aproveitamos o pasado 23 de abril "Día dos libros" para entregarlle o seu premio.

Moitas felicidades!!