O pasado venres 17 de marzo, no Palacio de Congresos de Santiago, tivemos os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016/2017. Unha xornada intensa con moitas experiencias e ponencias, resaltando a presenza e bo facer das Bibliotecas Galegas, nos centros educativos e tamén, cada vez máis, fora de Galicia.
luns, 20 de marzo de 2017
TRABALLANDO CASARES EN EPV 4º ESO
Na materia de EPV en 4º ESO, e coordinado pola profesora Sara Vázquez, o alumnado xa traballa xunto coa materia de Galego, nun proxecto moi interesante, sobre Carlos Casares e a súa obra. Aquí vos deixamos unas imaxes que ilustran o traballo.
SINATURA DE EXEMPLARES
Aproveitando o encontro con Antón Riveiro Coello, xa temos dous exemplares asinados polo autor e adicados a nosa biblioteca.
ENCONTRO CO ESCRITOR ANTÓN RIVEIRO COELLO
Celebrouse un encontro literario co escritor limiao Antón Riveiro Coello. Falamos do seu libro, A ferida do vento, que é un homenaxe ao escritor Carlos Casares, autor de Vento ferido.
Acudiron á cita
literaria, ademais de profesoras dos IES da vila e de vilas arredores coma
Maceda e Verín, alumnos e alumnas integrantes do club de lectura do IES Lagoa
de Antela, do IES Cidade
de Antioquía e do García Barbón.
Un xantar co escritor,
e un coloquio no Museo do Entroido arredor do libro, puso o remate final a unha tarde moi productiva.
domingo, 19 de marzo de 2017
CELEBRAMOS O 8 DE MARZO...DÍA DA MULLER TRABALLADORA
No IES celebramos o Día 8 de marzo, o Día da muller traballadora.
Este ano o libro "37 almas en una", foi a base do noso mural. Neste libro 37 mulleres narran a súa experiencia personal e profesional na busqueda do liderazgo femenino.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 8 de marzo conmemorase O Día da Muller Traballadora.
Se conmemora para recordar ás 140 mulleres traballadoras que perderon a vida nun incendio nunha fábrica de Nueva York, feito que colocó na axencia internacional, os dereitos das mulleres traballadoras.
Esta é unha data para evaluar a condición e a posición das mulleres en cada país, en cada estado, en cada municipio, en cada ciudad. Para esixir ao Estado que cumpra cos compromisos internacionais de dereitos humanos das mulleres, para pedir que rindan contas dos avances, os logros e tamén os retrocesos e os retos.
PREPARANDO CASARES
Xa estamos preparando diversas actividades para conmemorar O Día da Letras galegas, este ano adicado á figura de Carlos Casares.
Aquí vos deixamos as bases para participar no "Concurso CARLOS CASARES".
Animadevos a participar!!!
XOGOS NA BIBLIOTECA
Este curso temos preparada unha estantería con todos os xogos que atopamos repartidos polo IES.
Centralizamos desde a Biblioteca o préstamo dos tableros e os xogos de xadrez, parchís, oca e damas.
Xa temos durante o presente curso a Biblioteca chea de rapaces durante todos os recreos, dispostos a xogar e pasar un bo rato.
Seguide disfrutando dunha posibilidade mais que a vosa Biblioteca vos ofrece.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Celebramos o 24 de Febreiro, O Día de Rosalía no IES, cunha expoxición na biblioteca da súa obra e traballando nas aulas a figura desta gran escritora.
POSANDO NO DÍA DO AMOR
Aqui vos deixamos unhas fotos do noso "posado" particular no Día do AMOR... na entrada do noso centro.
CELEBRAMOS O DÍA DO AMOR
Celebramos a data tan sinalada no noso IES. Fixemos unha exposición co a palabra AMOR escrita en diferentes idiomas, que ademais nos sirviu como fondo para facer un montón de fotos.
Na biblioteca aproveitamos para decorala e facer unha exposición de libros cuxo tema principal fose o amor.
Disfrutade deste "amoroso día"...:)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)