FELICITACIÓN NADAL
luns, 7 de decembro de 2020
luns, 30 de novembro de 2020
CLUB DE LECTURA DE PROFES
Hoxe comenzamos oficialmente o Club de lectura de profes, deste curso.
A lectura escollida é "El bosque de los cuatro vientos" de María Oruña, e tamén quen queira, pode lelo en galego, "O souto dos catro ventos".
Este curso os encontros de xantar, van ser complicado facelos, pero comentaremos ás lecturas doutra maneira... diferente, pero seguro que tamén será especial. Polo menos imos intentalo!!
Na foto algúns dos compoñentes deste curso no club.
Boas lecturas compañeiros/as!!
DECORAMOS E VISIBILIZAMOS O 25 N
O profe de Plástica Horacio González e a profe de Galego Belén Mellado, traballaron o 25N, co alumnado de 1º e 2º ESO.
Decoraron as portas de entradas das aulas, cos lemas que fixeron para visibilizar, NON a Violencia de Xénero!!
Aquí vos deixamos os seus estupendos traballos!!
domingo, 29 de novembro de 2020
sábado, 28 de novembro de 2020
CLUB DE LECTURA 3º ESO
Aqui está o alumnado de 3º ESO, participante no Club de lectura.
Este ano intentando adaptarnos ás circunstacias que tocanos vivir, coa crise do COVID.
Non poderemos ter reunións físicas, pero aproveitaremos todas ás visitas que fagan estos alumnos/as á biblioteca, para falar da nosa lectura deste trimestre.
As opinións sobre ela, serán entradas que faremos desde este mesmo blog da Biblioteca.
Empregaremos a "Hora de ler" semanal, que temos instaurada no centro para continuar coa lectura e o tempo que cada un queira invertir na sua casa.
Escogimos "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
Esperamos que vos guste un montón!
Por certo... o Club de lectura de 3º ESO, está aberto para quen se queira apuntar!!
De momento deixamos foto dos compoñentes deste marabilloso club: Alexandre, Yasmina, Sara Ada, Lucia, Sara López, Andrés, Brais, Ariadna e Imane.
Adiante e boas lecturas!!
mércores, 25 de novembro de 2020
martes, 24 de novembro de 2020
CONMEMORACIÓN 25 N "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
Conmemoramos esta data no noso centro, visibilizando a situación cunha exposición de libros de Igualdade, exposta no recinto do holl da cafeteria.
Desde o Dpto de EPV, aproveitamos para facer un patchwork cos nomes e datas das moitas mortes que estamos a sufrir!
Desde o IES Lagoa de Antela... NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!
GAÑADORES CONCURSO LEMAS
Os lemas gañadores no Concurso de lemas do 25 N son:
domingo, 22 de novembro de 2020
CONCURSO LEMAS
Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero, o IES Lagoa de Antela convoca un concurso de LEMAS.
O obxecto do concurso é promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro do noso centro, a través dunha acción que fomente a participación do alumnado no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN REDE
As pasadas xornadas 19, 20 e 21 de novembro, celebráronse os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, esta vez na rede.
Estivemos conectados mais de 800 docentes galegos, e aproveitamos para recoller ideas e sentirnos identificados co moito traballo que hai detrás das nosas bibliotecas escolares.
Poñentes de diferentes ámbitos falaron do papel das bibliotecas escolares, dos cambios destes últimos anos e do traballo feito na etapa do confinamento.
Interesante!!
Ahí deixamos algunhas intervencións.
CLUB DE LECTURA 4º ESO
Poñemos en marcha os Clubs de lectura.
Este ano intentando adaptarnos ás circunstacias que tocanos vivir, coa crise do COVID.
Non poderemos ter reunións físicas, pero aproveitaremos todas ás visitas que fagan estos alumnos/as á biblioteca, para falar da nosa lectura deste trimestre.
As opinións sobre ela, serán entradas que faremos desde este mesmo blog da Biblioteca.
Empregaremos a "Hora de ler" semanal, que temos instaurada no centro para continuar coa lectura e o tempo que cada un queira invertir na sua casa.
Escollimos "Finis mundi" de Laura Gallego.
Espero que vos guste un montón!
Por certo... o Club de lectura de 4º ESO, está aberto para quen se queira apuntar!!
De momento deixamos foto dos compoñentes deste marabilloso club: Nadia, Alex, Cristina, Alba e Lorena.
Adiante e boas lecturas!!
DEVOLUCIÓN PRÉSTAMOS
A petición do alumnado do centro, cambiamos de sitio as caixas de devolucións de préstamos da Biblioteca, deste curso.
Agora a tendes na entrada da Biblioteca, pero fora do espazo da Biblioteca. Xa que ao estar só aberta nos recreos, tiñades dificuldade en formalizar as devolucións.
A partir desta semana, podedes deixar os vosos libros na caixa correspondente de devolución e coarentena, durante todo o horario lectivo da toda a semana.
Grazas pola vosa colaboración!!
PREMIOS CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS
Fai uns dias, entregamos os premios aos gañadores do concurso de calabazas tuteadas.
Ahí os tendes, orgullosos dos seus traballos e con os seus premios e diplomas.
Moitas felicidades a todos/as! Sodes uns artistas!!
1º Premio 1º ESO: Gabriel Rodríguez Gómez, 1º C
2º Premio 1º ESO: Beatriz Anca Neaga, 1º D
1º Premio 3º ESO: Cristina Rodrígues Rodríguez 3º B
2º Premio 3º ESO: Sara Bechiki Pérez, 3º C