domingo, 13 de febreiro de 2022

ACTIVIDADE "GALLETA OU TOXO" 

O alumnado de Francés, de 4º ESO e 1º e 2º BAC, organiza a actividade " Galleta ou Toxo".

No recreos na cafeteria, tendes o posto para mandar esas notiñas a quen queirades, co agasallo dunha galleta ou toxo, como vos queirades.

Feliz Día do AMOR!!





NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

O pasado venres 11 de febreiro, o alumnado do Club de lectura de 1º ESO, tivemos outra das nosas reunións, para falar da lectura que estamos a ler, estas semanas.

" Tesa", vai avanzando. En xeral está gustando e tod@s esperamos con ansias o desenlace do libro, para poder falar de como termina esta historia tan misteriosa.

Boas lecturas!!



ENTROIDO 2022 NO IES!!

AS MANDAS DO MECO

 

   Luns 21 de febreiro

o entroido comeza,

Todos viremos

Con algo na cabeza

  

 

   Martes 22 de febreiro

non deixamos de inventar...

e un zapato diferente

en cada pé habemos calzar.

 

  

  Mércores 23 de febreiro

no medio da semana

e co pixama posto

viremos todos da cama.

 

  

  Xoves 24 de febreiro

igual que os nosos compañeiros

se no cole queres entrar

seremos cociñeiros.

  

 

  Venres 25 de febreiro

animais seremos

e con moita xolda

nos divertiremos.




venres, 11 de febreiro de 2022

MANDAS DO MECO

Durante a semana do luns 21 de febreiro ata o venres día 25, celebraremos a festa do Entroido.

Deste xeito, cada día os mozos e mozas deberán prepararse para participar e gozar do que o Meco ordene.

A continuación detallamos as mandas do Meco para cada un dos días:

Luns, día 21 de Febreiro: cada mozo ou moza deberá levar algo na cabeza: gorro, perruca, coroa, diadema...

Martes, día 22 de Febrero: deberán traer os zapatos diferentes. 

Mércores, día 23 de Febrero: deberán vestir pixama, bata...

Xoves, día 24 de Febreiro:verán con algo que haga referencia á cociña: delantal, gorro de cociñeiro...

Venres, día 25 de Febreiro: disfraz de animal.

Deixade voar a vosa imaxinación e feliz ENTROIDO!!




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día 11 celebramos unha data moi especial, o Día internacional da muller e da nena na ciencia.

Esperamos que nos vendeiros anos, a presenza da muller en grados das ramas das ciencias sexa cada vez maior.

Así que moto ánimo e a por todas!!

Tamén deixamos lecturas relacionadas coa data que estamos a visibilizar e que tendes na vosa biblioteca.

" El Club de los Empollones. Los Premios Nobel y el misterio del gato", de Brian Bones.

" La selva de los números" de Ricardo Gómez.

" Malditas matemáticas", de Carlo Frabetti.

" Nel", de Sebastian de la Serna.

" Como ser un genio con Matilda", de Roald Dahl.



xoves, 10 de febreiro de 2022

CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 1º ESO

O alumnado de 1º ESO, na materia de EPV, dirixidos polo seu profesor Horacio, xa teñen listas as máscaras para participar no concurso, como todos os anos.

E xa van 25 cursos, convocando este concurso, con traballos espectaculares.

Noraboa!!








MENÚ FP BÁSICA DE COCIÑA

Onte os grupos de FP Básica de Cociña, fixeron un menú degustación de alto nivel.

Noraboa ao alumnado polo seu traballo e a os seus profesores, Iván e Teresa, porque os resultados son espectaculares.

Formades un gran equipo!!









SAN VALENTIN NO IES

Como todos os anos, visibilizamos esta data tan especial.

O noso slogan, "Todo con moito AMOR".

Ademais o alumnado de Francés, traballa nunha actividade moi divertida, "Galleta ou Toxo".

Animádevos a enviar unha notiña, a quen queirades, e de paso axudar ao alumnado a sacar fondos para a excursión a Francia.

Na cafetería, tendes todo preparado!!! 






MÁSCARAS ENTROIDO 3º ESO

Aquí vos deixamos unhas cantas fotografías das máscaras do nivel de 3º ESO.

Estupendos traballos, feitos con moitas ganas e con resultados sorprendentes.

Noraboa!!







martes, 8 de febreiro de 2022

25º CONCURSO MÁSCARAS DE ENTROIDO

Un curso mais convocamos o tradicional Concurso de Máscaras de Entroido, na materia de EPV, nos niveis de 1º ESO e 3º ESO.

A participación do alumnado en 3º ESO, pecha o tradicional concurso con mais de 50 máscaras feitas, con detalles e traballo excepcional.

Nos vindeiros días sabremos os nomes dos gañadores.

Aquí vos deixamos fotos da exposición das máscaras de 3º ESO.










CHEGOU O AMOR!!

Xa está cerca o día do AMOR, o vindeiro 14 de Febreiro.

Na Biblioteca, xa visibilizamos esa data.

Así que, moito AMOR para tod@s!!





TRABALLOS DO ALUMNADO DE 1º ESO

A profesora de galego Loli, traballou co alumnado de 1º ESO, a lectura "Contos de inverno", de Agustín Fernández Paz.

Aquí deixamos unha mostra da exposición feita cos traballos que fixo co seu alumnado.

Noraboa polos resultados!