SEMANA EUROPEA DA ARTESANIA
O IES Lagoa de Antela vai organizar unha serie de actividades en colaboración coa Fundación de artesanía de Galicia, para celebrar os días europeos da artesanía, a semana do 2 ao 5 de abril.
Coas seguintes actividades:
Exposición de cestería tradicional elaborada con pezas dunha colección particular punto con pezas escollidas polo alumnado do centro. Estará visible no corredor do noso centro desde o luns 4 de marzo ata o vendes 5 de abril.
Obradoiro de iniciación á cestería para todo o alumnado de 1º ESO do centro, impartido por La Parabólica e financiado pola Fundación Artesanía de Galicia. Este obradoiro celebrarase na aula de tecnoloxía de 1º ESO, en carro grupos de 23 rapaces e rapazas. O primeiro grupo fará o obradoiro martes 2 de 10:30 a 12:10, o segundo grupo o martes 2 de 12:30 a 14:10, o terceiro grupo o mércores de 3 de 10:30 a 12:10 e o cuarto grupo o mércores 3 de 12:30 a 14:10.
Obradoriro de iniciación á olería para o alumnado de Educación Plástica de 4º ESO impartido por alfarería Agustín e financiado polo IES Lagoa de Antela. Este obradoiro celebrarase na aula de plástica de 4º ESO o mércores 3 de 10:30 a 14:10, nun único grupo de 22 rapaces e rapazas.
Obradoiro de iniciación á cestería para todo o alumnado de 3º da ESO do centro, impartido por Bugarda, financiado polo Concello de Xinzo de Limia.
Este obradoiro celebrarse o xoves 4 na aula de tecnoloxía de 1º da ESO, en tres grupos de 26, 17 e 18 rapaces e rapazas. O primeiro grupo faría o obradoiro de 8:30 a 10:10, o segundo de 10:30 a 13:10 e o terceiro grupo de 12:30 a 14:10.