luns, 15 de decembro de 2025

PROXECTO MEMORIA VIVA

No mes de decembro o alumnado de Lingua e Literatura Galega de 2º de ESO B, C, D participou nun proxecto de recolleita de información relacionado coa Tradición Oral familiar, para o que se entrevistaron con persoas maiores para a continuación presentar os resultados nun mural compoñendo un collage colectivo.

Cada alumno-a falou con avós, avoas, tíos, tías... e pedíronlles que lle contasen romances, lendas, contos, coplas, cancións, refráns... Rexistraron os datos de cada informante e fixeron unha reflexión persoal sobre o que aprenderon coa actividade. Para a maioría foi un agasallo partillar tempo de calidade coas persoas maiores das súas casas e sorprendeunos a cantidade de saberes que albergan.

Cabe destacar que alumnado procedente de Marrocos, Perú, Venezuela... achegaron lendas dos seus países que nos agradou coñecer.

Por último, a actividade serviu para que a maioría dos alumnos-as puxesen en valor a súa vea artística e creatividade chegando a realizar murais espectaculares para os que botaron man de recursos de todo tipo: materias de refugallo, teas, papeis de cores, follas de árbores.

En definitiva, valoramos moi positivamente estas tarefas de reconstrución de memoria colectiva nas que participa toda a comunidade escolar. Parabéns!














luns, 1 de decembro de 2025

CAIXAS HORA DE LER

Toda axuda é pouca, por eso agradecemos ao alumnado voluntario participante para repartir as caixas de Hora de ler en todos os grupos do noso IES.

Moitas grazas!









PREPARAMOS AS CAIXAS DA HORA DE LER

Durante esta xornada o grupo de traballo da Biblioteca, aproveitamos e preparamos entre todos/as, as caixas de Hora de ler, que deixaremos en cada aula para poder ter sempre a posibilidade de lectura como unha biblioteca de aula.