Os días 9 e 10 deste mes celebráronse as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago onde Sara Vázquez, profesora de Plástica e colaboradora das actividades que organiza a biblioteca, impartiu unha charla baixo o título Lemos, imaxinamos, debuxamos. Nela describiu o proceso de planificación e desenvolvemento do noso proxecto integrado sobre o cómic e o labor de difusión deste medio de comunicación por parte da biblioteca. A nosa compañeira compartiu mesa co debuxante Kiko Da Silva e con Remedios Campos, profesora do CEIP O Salvador.
Máis información sobre o noso proxecto: O cómic na aula.
Información sobre as xornadas: IV Xornadas Bibliotecas Escolares.
Acceso aos materiais: materiais.
As conferencias que merecen un recoñecemento son as de Marian Moreno LLaneza e Fabio Tropea, moi didácticas e interesantes. E felicitar, por suposto, a Sara pola ponencia e agradecerlle a súa xenerosidade na entrega e o valor das palabras pronunciadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario