O grupo de teatro de 3º de ESO representou dúas adaptacións de “Ramón” de Sergi Belbel realizadas por Begoña Muñoz Saá.
Nestas
escenas breves unha múltiple personaxe feminina establece un diálogo coa
parella masculina. Cinco mulleres, cansas do comportamento machista das súas
parellas masculinas, rebélanse e deciden abandonalos. O bombardeo de reproches
está salpicado de humor e ironía.
Acompañamos as fotos
coa escena de cada representación que corresponde ao momento máis álxido.
MOZAS
[...]
RAMÓN
1: Non aturo máis, de verdade.
RAMÓN
2: Es ti a que non me deixas demostrarche canto te quero.
RAMÓN
3: Mira, interrompiches as miñas demostracións amorosas para dicir... parvadas,
perdoa pero si, parvadas, e a verdade, xa non sei que máis facer.
MULLER
4: Facer? Quen che pide que fagas máis, Ramón?
MULLER
1: O que che pido é que fagas menos, Ramón.
MULLER
2: Non fai falla que fagas tanto, Ramón.
MULLER
3: O que quero
MULLER
4: non é que fagas, o que quero é que non fagas.
MULLER
1: Porque, pasas as horas
MULLER
4: sobándome, Ramón,
MULLER
2: os días e as semanas
MULLER
4: sobándome, Ramón,
MULLER
3: os meses e meses
MULLER
4: sobándome, Ramón. E o único que fas, Ramón é…
MULLER
1 E MULLER 2: É sobarme!
MULLER
4: Só tes unha idea na cabeza. En realidade, non tes cabeza.
MULLER
3: Só che funciona unha parte do corpo.
MULLER
2: E eu o que preciso é
MULLER
1: un home completo, entendes?
MULLER
2: Que teña de todo, entendes?
MULLER
3: Que teña de todo e tamén cabeza, entendes?
MULLER
4: E ti... non... E dubido moito que ti...
[...]
ADULTAS
[...]
MULLER
4: Dicirme?
MULLER
5: Quen che pide que fales, Ramón?
MULLER
1: É que non tes por que dicirme nada.
MULLER
2: Non fai falla que me digas nada.
MULLER
3: O que quero
MULLER
4: non é que me digas algo,
MULLER
5: o que quero é que fagas.
TODAS:
que fagas algo, Ramón.
MULLER
1: Porque, as camas
MULLER
4: desfanse, Ramón,
MULLER
2: os pratos e a louza toda
MULLER
4: ensúciase, Ramón,
MULLER
3: o chan da casa
MULLER
4: énchese de merda, Ramón.
MULLER
5: e ti todos os días comes, Ramón.
MULLER
1 E MULLER 2: Comes!
TODAS:
E non fas nada, Ramón.
MULLER
5: Non recolles a mesa,
MULLER
4: Non baixas o lixo.
MULLER
3: Non limpas o váter.
MULLER
2: E eu o que preciso é
MULLER
1: un home que cociñe
MULLER
2: que limpe os cristais
MULLER
3: que pase o aspirador.
[...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario