mércores, 23 de outubro de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O vindeiro xoves 24 de Outubro conmemórase "O Día das Bibliotecas". 

Como agasallo aquí tendes un conto da escritora británica Mónica Hughes que, con seguridade, gustará a moitos de vós.

Acompañamos o conto de varias ilustracións feitas por alumnos e alumnas do centro.
Desde aquí moitas grazas a Kelly Domínguez, a Adolfo Dacal de 1º Bac B e a Zaida Casas de 3º ESO A, que cos seus debuxos representan este precioso conto.

Gozade dun día moi especial e felicidades desde a BIBLIOTECA do IES Lagoa de Antela!!!


O CLARO DO BOSQUE
Erase unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer.
Cando saíu o sol, os nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
¾Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
 —Este carreiro parece interesante —dixo unha nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
 —Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.
 —Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.
 —Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.
 —E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.
Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
 —Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama.
E o claro do bosque contestoulle: —O meu nome é Biblioteca.
Mónica Hughes





1 comentario:

  1. Un cuento precioso que refleja maravillosamente el concepto de BIBLIOTECA.
    Gracias a Kelly, Adolfo y Zaida por dejarnos visualizar con sus ilustraciones las imágenes que en nuestras cabecitas se formaban, a medida que avanzamos en su lectura. FELIZ DÍA DE LAS BIBLIOTECAS!!!

    ResponderEliminar