A pasada semana os grupos de 1º ESO realizaron a visita oficial á BIBLIOTECA do instituto.
Estas visitas organizadas polo equipo de biblioteca e os titores é algo habitual todos os cursos. Aproveitamos para dar as grazas a Herminia, Teresa, Suso e Elena polas facilidades para poder levar os seus alumnos e alumnas á biblioteca.
Coa visita "oficializamos" a entrada destes rapaces e rapazas neste espazo do centro que se converterá co paso dos meses nun lugar de referencia para todos eles.
Para deixar constancia do seu paso pola BIBLIOTECA fixémoslles entrega a todos do Carnet da Biblioteca coas cores corporativas, azul e laranxa, e tamén lles demos un tríptico deseñado coa intención de deixar claras as normas da BIBLIOTECA. Faise fincapé nas devolucións puntuais dos préstamos, o uso dos ordenadores, o uso da impresora e faise un percorrido pola biblioteca explicando a CDU para que saiban localizar o lugar donde están colocados os libros que buscan.
Recordamos normas básicas como o silencio na sala, deixar todo ordenado ao irse o non comer nela.
E
para que quede constancia do paso destos alumn@s tan importantes para a
nosa biblioteca, deixamos unhas cantas fotos para a posteridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario