domingo, 22 de novembro de 2020

CONCURSO LEMAS

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero, o IES Lagoa de Antela convoca un concurso de LEMAS.

O obxecto do concurso é promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro do noso centro, a través dunha acción que fomente a participación do alumnado no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario