XV Olimpíada de Xeoloxía no Xeoparque do Courel
O pasado 7 de febreiro o alumnado de 1º BAC – B participou na XV Olimpíada de Xeoloxía nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) que foi organizada pola AEPECTGalicia (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de La Tierra- Galicia).
A olimpíada celebrouse simultaneamente en 4 sedes: Santiago, Vigo, Xeoparque Montañas do Courel e Xeoparque de Cabo Ortegal, congregando ao alumnado das catro provincias galegas.
Xunto con outros 6 centros da provincia de Ourense e Lugo, o IES Lagoa de Antela achegouse a Quiroga para realizar as diferentes probas. Loga da benvida e as e indicacións, comezaron cunha xincana por toda a Vila de Quiroga. Alí tiveron que superar 12 probas centradas na xeoloxía do lugar, na historia da terra, recoñecemento de minerais e rochas, e outros conceptos xeolóxicos. Logo desta primeira proba o alumnado realizou unha proba escrita de xeito individual.
Pola tarde visitaron primeiramente o museo xeolóxico de Quiroga, tamén asistiron a unha demostración de bateo para atopar ouro, e para rematar houbo unha visita ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana no concello veciño de Ribas de Sil.
O día rematou coa entrega de premios para os gañadores das probas.
O alumnado pasou un día centrado na materia de xeoloxía, coñecendo diferentes lugares, e aprendendo cousas novas.
Agardamos participar nas vindeiras edicións.
A olimpíada é organizada por AEPECT – Galicia en colaboración coa USC, UVigo, UDC e os dous Xeoparques galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario