O
pasado sábado 13 de Abril varias persoas tivemos a oportunidade de coñecer e
pasar a mañá co escritor Gonzalo Moure, autor de libros como Palabras de
caramelo ou El síndrome de Mozart, lidos por alumnado do no noso instituto.
A organización correu a cargo da
responsable da biblioteca do IES de Allariz, María Sánchez, que nos brindou a oportunidade
de poder coñecer persoalmente este escritor.
A experiencia foi moi gratificante,
descubrimos unha persoa próxima, educada e moi sensible cos problemas do Sahara.
Rodeado de nenos na Fundación
Vicente Risco da capital allaricense e respondendo todas as preguntas de
maiores e sobre todo de pequenos, contounos o que tarda en escribir un libro,
de onde xorden os títulos, o porqué das ilustracións…
Falou
de case todas as súas obras: El beso del Sahara, Palabras de Caramelo, Soy un
caballo… e presentou o seu último libro, Cama e conto, relatando como xurdiu a
idea e a persoa na que se inspira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario