Os días 7 e 8 de marzo celebráronse en Santiago os Encontros do Plan
Mellora de Bibliotecas Escolares 2012/2013.
Ana Escudero, profesora de Plástica e responsable da biblioteca do noso
centro, participou nunha mesa de experiencias cun relatorio, “A biblioteca como
factor de compensación social”, na cal describiu a posta en marcha durante o
presente curso do préstamo de ordenadores portátiles dende a biblioteca.
A xornada foi moi enriquecedora, coa posibilidade de encontros entre os
responsables de máis de 400 bibliotecas escolares de toda Galicia, ademais da
posibilidade de escoitar na clausura ao magnifico escritor Agustín Fernández
Paz cunha magnifica exposición sobre “A construción do lector”.
Resultou un día intenso e inesquecible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario