EXPOSICIÓN "AVES DO NOSO ENTORNO"
O alumnado de 1º ESO, xunto coa súa profesora de bioloxía Lucía, realizaron esta interesante exposición con traballos relacionados co entorno no que habitamos.
Está exposta no vestíbulo de entrada á cafetería.
Durante dúas semanas as alumnas e alumnos fotografiaron as aves que viron no seu entorno próximo. Logo na aula identificaron as especies con axuda de varias guías.
Para cada fotografía fixeron unha pequena ficha co nome común, o nome científico e o lugar onde foron tomadas.
Logo entre varios grupos (xa que se xuntaron as fotos de todo o alumnado de 1º) organizárona por especies. Organizándoas posteriormente nun pequeno mural para cada unha.
Algunhas como as cegoñas tiñan varias fotografías de diferentes alumnos outras como a garza tiñan só unha.
Tamén se realizou unha busca en internet recollendo datos interesantes do grupo das aves para acompañar ao mural de fotografías.
En total identificaron 19 especies de aves, a maioría delas podemos velas preto da nosa casa nesta época do ano.
Unha pequena mostra da biodiversidade que nos acompaña e na que quizais non reparamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario