MEDITACIÓN NA ESO
Os grupos de 1º ESO, dirixidos polo profesor de EPV, Horacio, e a nosa orientadora, Mercedes, fixeron unha actividade conxunta para que o alumnado aprendese a meditar e a relaxarse, pensando nun traballo sobre os animais.
Despois de aprender varias técnicas, cada alumno/a pasou a explicar as sensacións que tivo e o animal en que pensaron.
Para máis adiante, nas clases de EPV, poñelo en práctica debuxando cada un o animal escollido.
Unha experiencia enriquecedora e moi orixinal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario